Cambios na programación das festas do Nazareno para este sábado 16 de setembro

16 Setembro 2023


Debido á situación meteorolóxica deste sábado 16 e, dado que xa se tiveron que cancela-los
concertos das bandas da mañá, informamos dos seguintes cambios na programación das festas do Nazareno 2023.
A Festa Holi Pobra coa posterior Festa da Escuma adíase para o sábado 23. As persoas que non poidan asistir na vindeira semana poden modificala súa inscrición no enderezo electrónico info@somosenredos.com.
Ademais, continúa aberto o prazo para quen desexe sumarse a esta actividade.
No que respecta ao X Encontro de Música e Baile Tradicional, trasládase da praza Alcalde Segundo Durán ao teatro cine Elma.
En canto ao resto de xornadas destas festas, de producirse cambios, informarase polas canles do Concello da Pobra do Caramiñal.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...