O xoves 7 de setembro comeza unha nova edición das Festas do Carme de Porto Son. Arrincará coas dianas e alborada co grupo de gaitas Canlebó e proseguirá pola noite coa verbena das orquestras Fuego e New York, completándose a xornada coa disco móbil Chocolate. O día seguinte, 8 de setembro, concentrará as celebracións da Virxe do Carme. Logo das dianas e alboradas de Canlebó e da actuación da Banda de Música de Noia, sairá a procesión do Carme dende a capela da Atalaia até o porto, onde se celebrará a misa solemne ás 11h. Ao rematar, procesión marítima. Pola noite, ás 21h, actuará o Grupo A Misela e máis tarde Finisterre e Faina Blanco Show.
O sábado 9 será o día da Virxe do Loreto. A xornada comezará novamente con Canlebó e, tamén, coa Banda de Música de Caamaño. Haberá misas na capela do Loreto (cada hora dende as 8h até as 13h, e pola tarde ás 19 e ás 20h). Ás 13h celebrarase unha sardiñada popular no campamento do Loreto e Paco de Leña encargarase da sesión vermú. A verbena, pola noite, virá da man de Olympus, Chocolate Disco Móbil, Kike Varela e Mateo Abelleira.




