As Escolas Deportivas de Ribeira abranguen este ano 12 modalidades diferentes

13 Setembro 2023

O concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, presentou este mércores 13 de setembro a axenda das Escolas Deportivas de Inverno de Ribeira que comezan o vindeiro 16 de outubro. Segundo fixo saber, para nenas e nenos hai 12 categorías deportivas; atletismo, baloncesto, balonmán, kempo, nada e corre, multideporte, pádel, patinaxe artística, tenis, voleibol, ximnasia acrobática e ximnasia rítmica. Para adultos hai escola de tenis en Artes e de pádel no Centro de Raqueta de Santa Uxía.

Segundo engadiu, a renovación de matrículas poderase facer dende o 11 ata o 16 de setembro, e as novas inscricións do 18 ao 22 de setembro. A modalidade de presentación das solicitudes será en Atención Cidadá en horario de 9.30 a 1.30 ou por vía telemática a través da páxina web do Concello, para o que é preciso o certificado dixital.

A totalidade de prazas que se cobren oscilan entre 400 e 500 nenos e nenas, e empréganse tódalas instalacións municipais.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...