O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, e os membros da Corporación municipal, recibiron este martes 12 de setembro hoxe á Corporación padronesa, encabezada polo alcalde Anxo Arca. A recepción enmarcouse nos actos de celebración do Día de Padrón (este martes 12), ao abeiro das Festas da Guadalupe.

Julián Bustelo destacou a “boa sintonía existente entre o Concello de Rianxo e o Concello de Padrón”, cunha intensa colaboración en políticas de diversa índole que “buscan o mellor para a cidadanía por enriba das diferenzas políticas”.
Bustelo entregou Anxo Arca unha figura da Rianxeira, como símbolo da relación que se seguirá forzando entre os dous municipios.

Proseguen as celebracións
Este mércores Rianxo chega ao sexto día das Festas da Guadalupe, coa xornada conmemorativa do Día dos Nosos Maiores, que inclúe un xantar de confraternidade e, previamente, xogos tradicionais e unha sesión vermú con Solara. Ademais, a partir das 17:00 haberá espectáculos circenses na praza Rafael Dieste.
