“Antigas minas de San Finx, vellos problemas que afectan ao mar” – Antón Luaces

04 Setembro 2023

Os niveis de cadmio detectados no río das minas de San Finx, en Lousame, superan 78 veces os niveis permitidos. Así o afirma un equipo de técnicos  de Augas de Galicia desprazados á zona para tomaren mostras de auga.

Augas abaixo das balsas da mina detectáronse, a máis, algúns niveis de cadmio, substancia perigosa prioritaria e elemento canceríxeno, segundo información da plataforma comarcal contra as verteduras de San Finx. Os resultados revelan tamén a existencia doutros metais pesados como o cobre e o cinc, que superan 48 e 8 veces respectivamente os valores máximos permitidos.

Augas arriba, sen embargo, e xa na zona do museo mineiro, os valores atópanse dentro da legalidade, o que, segundo a mesma Plataforma, “evidencia que a contaminación de produce polas verteduras ilegais e lixiviados que continúa causando a mina”. Por este motivo esixen á Xunta o inicio dos correspondentes expedientes sancionadores “por verteduras ilegais” e que retire á empresa mineira a autorización desas verteduras “concedida ileglamente” no pasado mes de febreiro, por vulneración do condicionado.

As confrarías de pescadores de Noia e Portosín xa trasladaron estas novas evidencias da causa ao Xulgado de instrución de Noia, solicitando a adopción de medidas cautelares para evitar a continuidade do dano .

A máis da causa penal, a Plataforma ten en curso varios procesos xudiciais  contra a propia autorización das verteduras, que deberán resolver os xulgados de Santiago sobre a legalidade do permiso outorgado o pasado mes de febreiro, e Augas de Galicia ten presentados máis de 20 recursos de alzada contra  a autorización, sumando os pósitos de Noia, Portosín, Porto do Son, Muros e Rianxo, as organizacións de produtores de mexillón Olvimar e a APM da Pobra; así como Ecoloxistas en Acción, ADEGA, Federación Ecoloxista Galega, Verdegaia, Sociedade Galega de Historia Natural, Montescola, Sindicato Labrego Galego, Tralapena e Salvemos Monteferro.

Os recursos presentados evidencian unha enorme oposición social  a unha autorización ilegal outorgada após 7 anos de incumprimentos. A Plataforma lembra que “os propios altos cargos e funcionarios da Xunta que outorgaron a autorización de verteduras están imputados nunha causa xudicial paralela por presuntos delictos de prevaricación, malversación e falsidade documental”.

A de San Finx, xunto coa de Fontao, é a mina máis importante como xacemento de estaño e volframio de Galicia. Xa na Idade Media existían novas do aproveitamento  destas minas e posteriormente, en 1883, e ao comezo da súa produción (con 5 toneladas de volframio) en 1888. A produción máxima rexistrouse en 1927 ao obter 270 toneladas de casiterita e 144 de volframita, con leis medias en metal do 70%. Produciu novamente en 2011 e 2012 e unha nova sociedade obtivo en 2015 os dereitos mineiros, reiniciándose a produción en 2016, cando os sectores pesqueiro e marisqueiro do Barbanza denunciaron graves danos ocasionados polas verteduras mineiras ao río que desemboca na ría de Muros-Noia, con graves prexuízos para os profesionais da pesca e o marisqueo.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...