A asociación inclusiva Amicos participou nos premios outorgados na gala anual dos Fondos Europeos en España, celebrada o pasado venres en Vilagarcia de Arousa. A final contou coa participación de 18 entidades e a asociación do Barbanza atopábase entre unha delas. Malia a dura competencia o equipo da nosa comarca demostrou a súa dedicación, talento e compromiso participando na categoría de #EuropaSeSienteVerde co proxecto Re-Mar Redución de residuos no Arco Atlántico Gallego, que traballa por e para a concienciación cidadá na conservación dos mares e océanos. O premio da categoría onde competía Amicos foi dar finalmente a VISITAD.

Os 18 proxectos finalistas clasificábanse da seguinte maneira.
Na categoría #EuropaSeSiente Competitiva
– Incubadora 3D Printing
– Cajamar Innova: In cubadora de Alta Tecnología en Agua
– Valornature: Centro de excelencia en materiales sostenibles avanzados
Na categoría #EuropaSeSiente Verde
– RE-MAR III: Reducción de residuos en el Arco Atlántico Gallego
– Change Makers: Agentes de Transformación Circular
– VITISAD: Adaptación citícola al cambio climático
Na categoría #EuropaSeSiente Conectada
– Pasarela sobre el río Tormes
– Bus Eléctrico Inteligente (BEI) en Vitoria-Gasteiz
– Smart village: Pueblos inteligentes en Extremadura
Na categoría #EuropaSeSiente Social
– CAPACITATIC+55: Capacitación digital para mayores de 55 años
– INTEGR@TENCIÓN
– UNIDIVERSIDAD
Na categoría #EuropaSeSiente Cercana
– Cielos de Sierra Morena
– Extensión de banda larga en municipios de Asturias
– Museos Vivos
Na categoría #EuropaSeSiente NEB
– Centro de Formación y Emprendimie nto Tormes+
– Pont de Sarajevo, puente verde
– JARCULTUR: Jardines histórico transfronterizos

Malia ter chegado á final, Amicos non acadou o título de gañadora nesta ocasión: “Este logro de chegar a fase final é unha testemuño da dedicación e o esforzo incansábel do noso equipo de profesionais e persoas con discapacidade, así como do apoio dos nosos colaboradores e patrocinadores”. Amicos agradeceu o apoio de “todos aqueles que nos alentaron e apoiaron neste emocionante viaxe”. E engadiron: “Aínda que esta competición chega ao seu fin, é importante destacar que o noso compromiso co medio ambiente non se termina aquí. Aprenderemos desta experiencia e esforzarémonos por medrar e mellorar en futuras competicións. Estamos ansiosos por enfrontar novos desafíos e perseguir novas oportunidades no futuro”.




