Adíase o acto na Pobra pola memoria histórica en homenaxe a José Fernández Vázquez para o 23 de setembro

08 Setembro 2023

A mala previsión no mar para o 9 de setembro fai que dende as entidades organizadoras da
homenaxe a José Fernández Vázquez tomen a decisión de adia-la saída en catamarán e o acto para o 23 de setembro.
O Concello da Pobra do Caramiñal colabora nesta actividade co Faiado da Memoria e coa Iniciativa Cidadá pola Memoria Histórica de Vilagarcía, xunto coa Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza e a Fundación 10 de Marzo.
Neste senso, a concelleira da Memoria Histórica, Patricia Lojo, incide na importancia desta xornada de recuperación de acontecementos e posta en valor das xentes e dos lugares da memoria. Afirma, ademais, que a Administración local seguirá traballando coas asociacións neste eido.
Cos ditos cambios, un catamarán partirá no día 23 dende o porto de Vilagarcía de Arousa, ás 10.30 horas, para percorre-la ría da Arousa e pór en valor a súa importancia por ser escenario de numerosos episodios
históricos que marcaron o porvir das súas poboacións costeiras. A travesía fará unha parada en Sálvora para asistir a unha visita guiada á aldea e faro, que contan tamén cun relevante pasado dende o punto de
vista histórico e social. Arredor das 14.30 horas, partirase da illa con rumbo á Pobra do Caramiñal. O prezo desta travesía establécese nos 20 euros por persoa adulta, nos 8 euros para a rapazada de 4 a 12 anos e será de balde para as crianzas menores.
Xa na Pobra do Caramiñal, o teatro cine Elma acollerá, ás 17.00 horas, unha charla-homenaxe arredor da figura de José Fernández Vázquez, veciño pobrense, que se trasladou posteriormente a Vilagarcía, coñecido como o comandante Sotomayor, moi activo na vida política, principalmente entre a década dos 30 e dos 60, quen garda relación coa localidade pobrense por mobiliza-lo sector conserveiro apoiando a traballadoras na mellora das condicións laborais, tal e como explica Margarita Teijeiro, integrante do Faiado da Memoria, quen engade que participou activamente na defensa da República, tanto durante a Guerra Civil coma despois no exilio dende a América Latina.
Ela participará neste acto que tamén contará, inicialmente, coa presenza de Carlos Cimadevila, presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza; Xosé Castro Ratón, membro da Iniciativa Cidadá pola Memoria Histórica de Vilagarcía; Rosa Fernández, filla do homenaxeado; e representación institucional.
Unha vez concluído, as persoas procedentes de Vilagarcía regresarán no catamarán ao porto de saída.
A asistencia a ámbalas actividades pódese facer por separado, polo cal non é obrigatorio face-la travesía náutica. A asistencia ao acto no Elma é de balde. Máis información e inscricións no teléfono de contacto
986186893.

O comandante Sotomayor na antiga estación de Renfe en Vigo co xornalista Fernando Ramos

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.