A Xunta instalará no Centro de Saúde de Boiro unha caldeira de biomasa

13 Setembro 2023

Este mércores 13 de setembro o delegado da Xunta, Gonzalo Trenor e Eloína Núñez, xerente da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, visitaron o Centro de Saúde de Boiro, onde anunciaron a vindeira instalación no inmóbel de caldeiras de biomasa por importe de 145.855 euros. Tamén explicaron que este proxecto forma parte dun lote de obras para introducir enerxías renovábeis nos centros de saúde galegos valorado en 1,5 M€, que teñen aberto o proceso de licitación e adxudicación. Estes contratos materialízanse a través dun acordo entre o SERGAS e o INEGA, que promove a través da Axenda Enerxética Galicia 2023 a integración de enerxías renovábeis en edificios públicos e facilita o seu co-financiamento polo programa operativo FEDER Galicia 2017-2020.

Eloína Núñez destacou que o cambio do consumo de gasóleo polo de biomasa noutro centro sanitario supón “un novo impulso dentro da aposta pola sustentabilidade da área sanitaria santiaguesa, recoñecida por organismos nacionais”. Tamén dixo a actuación no Centro de Saúde de Boiro traducirase “nun aforro de 12.800 litros de consumo de gasóleo/ano que pasarán a ser de 0, o que significará a eliminación da emisión das 29,6 toneladas de CO2 da actualidade a 0, xa que a biomasa é neutra en emisións”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eurocopa”. Xulio Xiz

“Eurocopa”. Xulio Xiz

Noto o peso dos anos, máis ca fisicamente nas continuas referencias a tempos idos. E non porque xeneralice a bondade do pasado, que moito habería que matizar, senón porque o paso do tempo me vai permitindo comparar situacións que me parecen aberrantes. O deporte –...