A Pobra presenta a sexta edición do Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro

05 Setembro 2023

O Concello da Pobra do Caramiñal, a Editorial Galaxia e a Asociación Cultural Barbantia convocan o VI Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro, que ten o obxectivo de “fomentar a creación de obras dirixidas a un público lector con idades comprendidas entre os 8 e 12 anos, promover os autores e autoras en lingua galega de literatura infantil e homenaxear o escritor falecido en 2017 que dá nome ao certame”.

O premio, que poderá quedar sen adxudicar se ningún dos textos presentados acada a suficiente calidade literaria, considerará unha única obra gañadora, á cal se lle asigna unha dotación económica de 3 000 euros. Suporá tamén a publicación na colección Árbore da Editorial Galaxia e o repartimento de exemplares entre a rapazada da Pobra.

A concelleira da Cultura, Patricia Lojo, referiuse á importancia de salvagardar este tipo de iniciativas para “fomentar a produción literaria que contribúa a inculcar o hábito lector nas xeracións máis novas ao dispoñer dun catálogo máis amplo e de diversa temática”. Neste senso, explicou que a Administración local asume a gratificación económica e parte da edición. “É un orgullo para o noso concello a consolidación deste certame, que vai camiño de erixirse como un dos premios galegos de referencia na literatura infantil”, manifestou a edil. De feito, o número de relatos presentados incrementouse co paso dos anos, dixo, engadindo que “este tipo de propostas afianzan o compromiso existente no ámbito cultural de seguir traballando na senda de eliminar o prexuízo de que a literatura infantil é unha literatura menor.”

A vicepresidenta da A. C. Barbantia, Isabel Santos, comentou que a “a literatura infantil non é causa menor porque o seu público é o noso futuro.” Así mesmo, tivo palabras de recordo para Carlos Mosteiro, que cualificou como “un compañeiro insubstituíbel”.

En representación de Galaxia, o director de edicións, Marcos Calveiro, destacou a repercusión social que ten este tipo de iniciativas, pois “é fundamental que os nenos teñan boas lecturas e en galego.”

Resumo das bases

Tal e como se especifica nas bases, non poderán presentarse a este certame aquelas persoas creadoras que acadasen o galardón nunha ou en máis dunha ocasión das últimas cinco convocatorias.

O prazo de recepción de orixinais remata no día 01 de novembro de 2023. Tres persoas de recoñecido prestixio na literatura infantil formarán o xurado, que dará a coñecer a seu veredicto no mes de decembro. Ademais, a entrega da distinción farase coincidir coa presentación do libro, unha vez editado.

A consulta das bases e do documento de solicitude pódese efectuar nas páxinas web das entidades promotoras.

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.