A Pobra acolleu o X Encontro de Música e Baile Tradicional

17 Setembro 2023

A Pobra acolleu dentro das festas do Nazareno o X Encontro de Música e Baile Tradicional. Os grupos participantes foron: ACD XIADA da Pobra do Caramiñal con 30 compoñentes; A.F Virgen del Carrascal de Cespedosa de Tormes (Salamanca) con 20 compoñentes e o Grupo Folclórico e Etnográfico de Lordero (GUIMARÃES) con 60 compoñentes.

Os grupos saíron desfilando dende o Concello ata a Covecha para logo dar paso na praza Alcalde Segundo Durán, ó X Encontro de música e baile tradicional.

O presentador do festival foi o historiador e colaborado de “obarbanza.gal” e da revista “O Barbanza”, Antonio González Millán, que relatou a importancia da unión hai 200 anos, dos concellos de Santiago del Deán e o Caramiñal. A presentación completouse cunha proxección de imaxes dos diferentes escudos e selos ó longo deste bicentenario.

Foi tal a acollida que o aforo inicial de 200 cadeiras quedou insignificante ante os centos de persoas que se congregaron na praza Alcalde Segundo Durán. Ó finalizar o Encontro, fíxose entrega de un presente en sinal de confraternización entre asociacións, ós representantes de cada grupo.

Fotos remitidas

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.