A patronal de Ribeira lanza a nova campaña de “Volta ao cole” con 300 euros en vales de compra e 15 lotes de material escolar

05 Setembro 2023

A Asociación de Empresarios de Ribeira presentou os detalles da súa nova campaña de Volta ao cole, que comeza precisamente este martes 5 de setembro. Os puntos fortes da campaña (unha iniciativa que ten o dobre obxectivo de incentivar as compras locais neste comezo do curso e, tamén, de axudar ás familias na “costa de setembro”) son sen dúbida o sorte do 300 euros en vales de compra e 15 lotes de material escolar. Trátase dunha campaña financiada pola Xunta de Galicia.

A campaña diríxese a tódolos clientes que merquen e consumen nos establecementos asociados.

A promoción realizarase entre as compras e consumicións feitas desde o día 5 ao 30 de setembro de 2023. A forma de participar será mercando e consumindo en calquera establecemento socio.

O sorteo realizarase o venres 2 de outubro ás 13:00h no local da Asociación de Empresarios.

A patronal ribeirense recomenda aos consumidores participantes que conserven o tícket da compra ou da consumición realizada, a fin de dispoñer dun xustificante.

A forma de participar será a seguinte: o consumidor/cliente poderá rexistrarse para participar nesta campaña na pestana “Sorteos” na web empresariosriveria.com, efectuando o correspondente rexistro da compra ou consumición realizada, que lle dará dereito a unha participación no sorteo; no rexistro deberá quedar perfectamente identificada a operación de compra/consumición realizada e o cliente ou consumidor. Cantas máis compras/consumicións fagan nos establecementos participantes,

máis participacións poderán obter e máis posibilidades de gañar.

Como dixemos, os premios serán 6 vales de compra de 50€ para gastar nos establecementos comerciais e hostaleiros socios e 15 lotes de produtos para a volta ó cole. O importe do premio dos vales debe ser gastado nos establecementos participantes como data límite o 30 de novembro de 2023.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.