A Mostra de Teatro de Ribeira 2023 virá con espectáculos de todos os xéneros das máis prestixiosas compañías galegas

08 Setembro 2023


A concelleira de Cultura, Antía Alberte, presentou este venres 8 de setembro unha nova edición da Mostra de Teatro de Ribeira. As funcións están recomendadas para maiores de 16 anos e os espectáculos seleccionados son obras de compañías profesionais de recoñecido prestixio como Sarabela Teatro, Excéntricas, A Panadaría e Malasombra producións; e actores e actrices cunha traxectoria destacada como Luis Iglesia, Camila Bossa, Manuel Manquiña, Victor Mosqueira, Marcos Orsi, Areta Bolado entre outras e outros.

“O principal obxectivo desta programación é o de achegar aos nosos veciños e veciñas unha completa escolma de espectáculos que poñen en valor as creacións artísticas das compañías e grupos galegos e que ao mesmo tempo sexa un escaparate das propostas máis recentes de cada unha delas, facendo accesíbel as artes escénicas á poboación sen necesidade de ter que trasladarse ás grandes capitais.” explicou.

O cartaz atende a tódolos xéneros, e a edición terá un broche de ouro especial, pois o peche da mostra correrá a cargo do Grupo Municipal de Teatro de Ribeira co espectáculo Criaturas.

Poderase adquirir un bono por importe de 25 € que dará dereito a asistir a todas as funcións da mostra a excepción da obra do Grupo Municipal de Teatro, pois esta última será aberta a toda a cidadanía con carácter gratuíto. Nas próximas semanas informarase do procedemento para poder asistir a esta representación así como dos detalles deste espectáculo.
Os bonos poderanse adquirir dende o vindeiro luns día 18 de setembro na Casa do Concello de luns a venres de 9:30 a 14:00 h. Cada semana poranse á venda as entradas individuais para cada un dos espectáculos por un prezo de 4€.

Todas as funcións serán os venres ás 21.15 no Auditorio Municipal. A axenda comeza o 6 de outubro con Arte sen guión, de Galeato, e prosegue o día 13 do mesmo mes con Todo nunha noite, de Abismo Caracol, o día 20 con Arraianos (Sarabela Teatro) e o 27 con Molto Barroco (Píscore Teatro). Novembro comezará da man do dramaturgo local Quico Cadaval, cuxa compañía (Excéntricas) representará O Auto de Castromil. O 10 de novembro representarase Unha comedia imprevista, o 17 Feminíssimas (De STE Xeito Producións) e o 24 con As que limpan (A Panadaría). A mostra rematará con Testosterona de Malasombra (o 1 de decembro) e con Criaturas (Grupo Municipal de Teatro de Ribeira), o 8 de decembro.

Outros artigos

Terbutalina presenta este venres “Era Cabra” na Sala Malatesta

Este venres día 8 de decembro, a partires das 21 h, celebrarase en Santiago, na Sala Malatesta, unha festa con empanada, vinilos, camisetas e moito rock. Así presentan a banda muradá (de Esteiro) Terbutalina a súa posta de largo de Era Cabra en Compostela. A piques de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Una vida para el recuerdo”. Manuel Dominguez

“Una vida para el recuerdo”. Manuel Dominguez

Me siento plácidamente en una butaca y más que soñar me pongo a mirar atrás, muchos años atrás, años vivido en una infancia llena de necesidades, pero pletórica de imaginación. Y sin llorar me pongo a recordar, aquellos barquillos en forma de cono o planos que en...

“Facer cola”. Xulio Xiz

“Facer cola”. Xulio Xiz

A venda de lotería polo Nadal provoca colas que se ata hai pouco se formaban os días previos ao sorteo agora, igual ca todas as celebracións, se amplían de maneira que xa hai que facelas para mercar un boleto que pode facernos ricos, de paso...