A compañía de danza de Fran Sieira leva o seu espectáculo Demente ao Pazo de Goiáns (este venres 1 a partir das 22.30 horas)

01 Setembro 2023

Este venres 1 de setembro, no marco das celebracións do Mes da Danza en Boiro, o Pazo de Goiáns vai acoller o espectáculo Demente da compañía de danza de Fran Sieira, a partir das 22.30 horas.

A entrada será un donativo de 2 euros en beneficio de AGADEA Alzhéimer.

Demente é unha obra de baile e música tradicional galega para público adulto de 60 minutos de duración. O seu elenco está composto por oito bailadoras e bailadores, acompañados da música do compositor e músico multidisciplinar Cristian Silva Bóveda. Todo isto desenvólvese dentro dun marco escénico e cun vestiario deseñado por Carlos Alonso Alonso, xunto co deseño de iluminación de Fidel Vázquez Díaz. A parte máis física e a estética contemporánea preséntase a través dos ollos da bailarina e coreógrafa catalá Carla Diego Luque como directora artística.

En Demente a compañía de danza Fran Sieira plasma unha realidade, un estigma, unhas patoloxías que segundo a Organización Mundial da Saúde sufriron, sofren ou sufrirán nalgún momento da súa vida unha de cada catro persoas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.