A comarca e toda a costa galega en alerta amarela por vento e choiva a partir das seis da tarde

20 Setembro 2023

Unha borrasca de 970 mbar situada ao norte de Irlanda deixará en Galicia forte vento do suroeste no litoral e zonas altas do terzo norte en terra. Ademais nas últimas horas do mércores e primeiras do xoves espéranse choivas fortes.

Meteogalicia


Unha borrasca situada ao norte de Irlanda motivará que parte de Galicia permaneza este mércores en alerta amarela por fortes ventos e precipitacións.

O fenómeno deixará en Galicia forte vento do suroeste na costa e zonas altas do terzo norte en terra. Ademais, nas últimas horas do mércores e primeiras do xoves espéranse choivas fortes.

Así, a partir das 9,00 horas, haberá aviso amarelo por refachos de vento superiores ao 80 km/h na zona da Mariña de Lugo e no noroeste da Coruña. Toda a costa estará en alerta por vento do suroeste de forza sete.

Ademais, entre as 00,00 e as 6,00 horas tamén estará en aviso amarelo a provincia de Pontevedra e parte da da Coruña por acumulación de choivas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.