A CEMMA organiza en Ribeira unha mostra e unha conferencia sobre mamíferos mariños e tartarugas (ademais dun simulacro de rescate)

19 Setembro 2023

A coordinadora galega CEMMA organiza en Ribeira unha exposición sobre mamíferos mariños e tartarugas na costa e nos arquipélagos. A mostra pode verse na Casa da Costa (sede do Parque Natural de Corrubedo) dende esta semana e até o 30 de setembro, en horario de mañá e de tarde. Complementarase cunha xornada de divulgación.

O contido da mostra

Galicia conta con 1500 quilómetros de costa do Noroeste da Península Ibérica. Segundo explican dende a coordinadora, o medio mariño da nosa comunidade presenta “unha gran riqueza biolóxica e biodiversidade, por mor da súa gran produción primaria, que se reflicte nun grande número de especies en todos os niveis tróficos, e, xa que logo, de grandes vertebrados como son as tartarugas e os mamíferos mariños, contando con máis de 30 especies diferentes”. Algunhas destas especies son residentes no mar de Galicia e outras fan uso desta costa na súa dispersión e migracións. Para todas elas é importante a existencia de Areas mariñas Protexidas, como as augas do Parque Nacional.

A mostra, como dixemos, está instalada na Casa da Costa (Parque Natural de Corrubedo), no lugar do Vilar, Carreira (Ribeira), entre os días 18 e 30 de setembro, en horario semana de 10:30 – 14:30 / Tarde: 16:00 – 18:00. Horario fin de semana de 10:30 – 15:00 / Tarde: 16:00 – 19:00.

Conferencia: a maiores, este xoves 21 de setembro celebrarase no Centro de Recepción de Visitantes do Parque Natural de Corrubedo unha conferencia impartida polo doutor en Bioloxía Mariña e investigador da Universidade de Aveiro: Alfredo López. Membro fundador de CEMMA, no ano 1992, e actual responsable de educación ambiental da entidade. A entrada será libre.

Simulacro de rescate: na mesma xornada do 21 de setembro celebrarase unha actividade de simulacro de rescate na praia do Vilar (Carreira-Olveira-Corrubedo), ás 12:00 h, participación para todos os públicos con inscrición en cemmasolicitude@gmail.com. Coa colaboración do Parque Natural das Dunas de Corrubedo e as Lagoas de Carregal e Vixán.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.