A base militar do monte Iroite incrementa a súa foresta en 7.000 unidades grazas ao traballo de Amicos

25 Setembro 2023

O monte Iroite, na Serra do Barbanza, acolleu o venres pasado unha xornada de plantación de árbores autóctonas. Foi ao abeiro do Proxecto Bosque-Defensa de Iberdrola e Ministerio de Defensa de España, que contouse coa colaboración activa da Ecobrigada da asociación Amicos, entidade da nosa comarca centrada na plena inclusión das persoas con diversidades funcionais e cognitivas. A xeira de traballo desenvolveuse na base Escuadrón de Vixilancia Aérea EVA 10, que ampliou a súa masa arbórea en máis de 7.000 unidades.

O programa Bosque-Defensa Iberdrola incrementou deste xeito o bosque da EVA de Iroite, con dez hectáreas de foresta no perímetro do Acuartelamento Aéreo de Barbanza e nos límites dos concellos de Boiro, Lousame e Porto do Son. O obxectivo é facer fronte “á perda de biodiversidade e ao quecemento global e ás súas consecuencias”.

A plantación incluíu acivros, carballos, érbedos, ameneiros, bidueiras, cerdeiras, sobreiras, castiñeiros e estripeiros. O bosque formará un conxunto de especies frondosas que “pola súa natureza creará ademais un ecosistema propicio para a recolonización de distintas especies de fauna”, explicaron dende Iberdrola, lembrando que ao abeiro deste proxecto traballan 18 ecobrigadistas. O seu labor proseguirá ao longo de 2 anos para o seu mantemento.

Este proxecto conta coa colaboración dos concellos implicados.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.