A ABE participa nun estudo sobre territorio da Rede de Polos de Emprendemento

27 Setembro 2023

A patronal de Boiro (ABE) confirmou a súa participación nunha investigación sobre o territorio desenvolvida ao abeiro da Rede de Polos de Emprendemento, achegando a súa visión particular e específica sobre as necesidades da contorna boirense e das empresas nel situadas. A Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego é unha iniciativa da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade que traballa para impulsar e consolidar novos proxectos produtivos de mercado que teñan unha vinculación coa súa contorna.

Na actualidade existen 8 polos de emprendemento repartidos pola xeografía galega e a ABE está enmarcada na área de actuación do Polo Costa da Morte que abrangue as comarcas de Bergantiños, Fisterra, Soneira, Barcala, Xallas, Muros, Noia e Barbanza.

O traballo dos polos vai en paralelo cunha das liñas de actuación prioritarias para a patronal de Boiro que consiste en “apoiar a persoas emprendedoras e a empresas”.

No caso dos polos este traballo realízase a través dun acompañamento e asesoramento continuado e unha metodoloxía común validade e adaptada a cada proxecto e asesorada por profesionais de primeiro nivel.

A ABE lembra que para levar este proxecto acabo é esencial coñecer o territorio e por isto estase a elaborar un estudo no que participan entidades representativas do territorio, como é o caso da patronal boirense, coa finalidade de poder coñecer mellor tanto o territorio como as necesidades do mesmo, así como das empresas que existen nel.

Propostas da ABE

A Asociación de Empresarios de Boiro aporta a súa visión sobre as necesidades do territorio e como indica o presidente, Daniel García “as principais son a potenciación e creación de infraestruturas turísticas, a creación de solo industrial a mellora das infraestruturas de transporte e a diversificación dos sectores produtivos” entre outras que se trasladaron no documento.

No tocante ás necesidades das empresas “a ABE quixo poñer o foco na necesidade de flexibilizar e axilizar os trámites e os procesos administrativos, contar unha maior información e comunicación coas administracións públicas e a posta en marcha de novas liñas de axudas para o sector empresarial”.

Para finalizar a ABE amosou a súa disposición a colaborar coas iniciativas propostas pola Rede e tamén a necesidade da creación dun polo propio en Barbanza para que “poida estar mais preto do territorio ao contar a comarca cun importante número de empresas e unha actividade económica puxante”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...