“Vedas de artes de fondo: 87 polígonos carentes de datos dabondo”. Antón Luaces

11 Agosto 2023

Como un invento. Un deseño contra o que o sector pesqueiro español se rebela unha outra vez porque non quere nen atopa xustificación ás vedas das artes de fondo en 87 zonas do Atlántico nororiental, por moito que se fale da publicación dun  informe socioeconómico en Bruxelas que cuantifica en 16 millóns de euros as perdas anuais que supón e que pon en dúbida a base dunha restrición impulsada por España perante os tribunais. Este dictame foi publicado polo Comité Científico e Económico da Pesca Comunitaria (Stecf) e fai referencia ás vedas.

Xa presentara a Comisión Europea no ano 2022 unha proposta para a implementación do Regulamento de Acceso a augas profundas , que foi examinada polo comité competente -integrado por representantes de todos os Estados membros  da UE e que foi adoptada o 15 de setembro. Non houbo informe de impacto socioeconómico específico  antes de adoptala xa que logo este acto legal só implementa a regulación de acceso a augas profundas que se benefician dunha avaliación de impacto detallada antes da súa adopción.

O informe reforza as posicións da frota ao recoñecer que os datos son insuficientes , e da argumentos en contra das vedas  de cara aos litixios abertos polo Goberno español e polo sector perante o Tribunal de Xustiza da Union Europea. Probablemente, os cambios -de se producir- non se van facer realidade antes de 2024.

Se, en principio, o comisario de Pesca Sinkevicius dixera que non actúa contra o arrastre, nada no Plan de Acción ou no paquete de pesca suxire esto. Polo contrario, estase a propor un diálogo para animar aos pescadores a innovar para seren máis sostibles, precisamente para garantir o seu negocio e xeito de vida tamén no futuro, xa que dependen de que os ecosistemas estean en condicións favorables.

En setembro de 2022 a Comisión Europea aprobou as  vedas ás artes de fondo en 87 polígonos do Atlántico noroeste a  máis de 400 metros de profundidade, cualificadas como “ecosistemas mariños vulnerables”.

Apuntou Sinkevicius que a CE presentara unha proposta para a implementación do Regulamento de acceso a augas profundas, que foi examinado polo Comité correspondente, composto por representantes de todos os Estados membros da Unión Europea, aceptada o 15 de setembro, que enumerará zonas das augas irlandesas e das ibéricas do Cantábrico (canón de Avilés, en Asturias; zonas de Galicia e do Golfo de Cádiz) para artes de fondo como as utilizadas captura da pescada.  

Na actualidade prexudican directamente a 59 barcos españois adicados ao palangre de fondo (especies como a xa citada pescada), se ben o sector reclamou inicialmente que os afectados eran 500 barcos. A Comisión Europea reduciu esa estimación do Goberno sobre os buques afectados, aparte de que os arrastreiros  poden faenar nas zonas vedadas por riba dos 400 metros. O Stecf conclúe que a frota pesqueira española “é de lonxe a máis prexudicada”, cun impacto medio anual estimado entre os 13,3 e os 16,6 millóns de euros.

Os representantes da frota, non obstante, valoran especialmente esta conclusión que, apuntan,  é limitada nos datos, que existe incerteza e que tampouco se poden avaliar os beneficios das vedas. A máis, o sector denunciara que a expulsión dos barcos das zonas vedadas significaría un incremento da competencia de buques doutros caladoiros.

O Consello Internacional para a Exploración do Mar publicou en abril outro informe científico a prol de manter as vedas.

Tanto o Goberno español como o xerente da OPP-7, así como o presidente da Alianza Europea de Pesca de Fondo (EBFA) recalcaron nos seus informes a desproporción da decisión e que cada vez son máis os científicos que falan de falta de datos, o que amosa que a Comisión Europea actúa sen estar segura das súas decisións”.

Agora, a Stecf recollerá as alegacións e emprenderá unha revisión das redes, se ben non resultará doado que Bruxelas dea marcha atrás e autorice a reapertura de zonas. Todo isto, nunca antes de 2024.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.