“Unha plataforma para os beneficios eólicos, outra para esmorecer ata a súa desaparición”. Antón Luaces

02 Agosto 2023

Galicia aínda ten capacidade para se gabar das súas moitas posibilidades pesqueiras. Pero infinitamente menos das que tiña vai 50-60 anos. Antes, con barco e lancha (gamela) colmados de peixe, pescar no canto era máis que un desafío a posibilidade real de facer unha xornada na que era factible que un mariñeiro gañara máis de 60.000 pesetas, como relata un capitán local con máis salitre nas pestanas que seba se xunta na Ínsua de Ribeira, a carón do faro.  Un capitán que lembra os seus tempos de mariñeiro de cuberta cando era posible unha boa “besughada” no parque de pesca, o barco con chalana a popa como eu mesmo teño visto ao “Sofía”, o “Franco”, o “Manilo”, o “Parlero” e tantos outros que, pola tarde, poñían proa  á entrada da ría de Arousa e ao cabo de poucas horas, na noitiña, viñan ata “as trancas” de xarda, sardiña, trancho, xurelo, etc., a descargar no peirao de Colón  para a venda na lonxa vella, onde Acebedo montaba garda e durmía soñando coa película “Demetrio y los gladiadores” que o propio Acebedo (un tatexo moi estimado polo servicial) traducira un día na do “Sucuruco” por “Dimintriúns y los ghalianos”. A película exhibíase no cine do Filipino.

Hoxe en día non se “dan” semellantes cubertadas. E menos aínda se van dar, tendo en conta que non só hai menos peixe  senon que moitas especies son tan escasas -outras desapareceron, ou case- que non vale a pena largar aparello para o tentar.

É o caso do trancho, tan difícil de capturar como o pode ser un can verde.                        

Se temos en conta ese futuro tan perto de nós como o están os eólicos mariños, o panorama non pinta nada ben. Nada de nada. Sábeno ben, moi ben, os integrantes da Plataforma en Defensa da Pesca e dos Ecosistemas Mariños, coñecida como “MANIFESTO DE BURELA” que, este xoves, 3 de agosto, no salón de actos da Lonxa da Coruña, vai celebrar un acto no que se presentará aos medios de comunicación a demanda interposta ante o Tribunal Supremo solicitando a anulación dos plans de Ordenación Mariña e as súas zonas reservadas para a implantación da eóiica mariña en augas españolas.

A expensas do que determine a citada demanda semellan existir motivos dabondo como para que a Plataforma evidencie a súa preocupación pola existencia, só en augas de Galicia, dunha ducia de proxectos presentados que, directa e indirectamente, afectan ao sector pesqueiro desta Comunidade Autónoma, ao igual que o fan outros proxectos que apuntan ao mesmo obxectivo en Asturias e Canarias, sen ter en conta nen Bruxelas, nen Madrid (tampouco os gobernos autonómicos) os intereses económicos e sociais que incumben ao sector pesqueiro, sen dúbida ningunha o máis prexudicado polos plans eólicos e que se está a  ver cada vez máis diante da evidente pretensión de seren expulsados do seu ámbito natural -o mar- para que ocupen os seus sitios as torres e os muiños dos aeroxeradores eólicos que só benefician ás grandes compañías eléctricas que agora se disfrazan de ecoloxistas xunto a outras organizacións supostamente sen ánimo de lucro, algo que non todas poden demostrar suficientemente.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...