“Unha oportunidade única de regular as actividades e a proteción marítimas”. Antón Luaces

13 Agosto 2023

A presidencia semestral da Unión Europea outorga a España a ocasión de dar un paso decisivo na posta en vigor do Tratado de Nacións Unidas sobre a Conservación e o uso sostible da diiversidade biolóxica en alto mar (BBNJ, polas súas siglas en inglés). Este tratado tenta regular as actividades marítimas e garantir a protección da biodiversidade nos océanos, máis aló das das zonas económicas exclusivas  (ZEE) de cada país. Este acordo marca o culmen de case que dúas décadas de traballo baseado no legado da Convención das Nacións Unidas sobre o Dereito do Mar.

Este compromiso estebelece que o 30% do alto mar sexa declarado área protexida a gran escala en 2030, e esixe, a máis, unha avaliación do impacto das actividades económicas na biodiversidade. Deberá ser ratificado por ao menos 60 Estados da ONU para a súa entrada en vigor, unha vez se complete a tradución xurídica  que garante a uniformidade de termos en todas as línguas oficiais de Nacións Unidas.

Esto é, segundo o español Javier Garat , presidente de Europêche e secretario xeral de Cepesca, o que o sector defendeu “e coido que ten moito sentido. A pesca é a actividade máis regulada e bo exemplo de como se poden xestionar e protexer os ecosistemas mariños”.

Para o sector pesqueiro comunitario o compromiso dos países desempeñará un gran papel na proteción e o uso sostible  de zonas que non están reguladas dabondo na actualidade, respectando e aproveitando o éxito da xestión pesqueira máis aló dos regulamentos da UE.

Con este paso márcanse as liñas competenciais administrativas das Organizacións Rexionais de Ordenación Pesqueira (OROP), xa que logo define  o seu papel para garantir  a conservación e o uso sustentable dos océanos mediante ferramentas de xestión en distintas zonas  xeográficas e sustentadas no alcance das avaliacións de impacto ambiental, que se afortalarán no proceso de implementación.

Con estes pasos previos e dadas as espectativas de futuro abertas, as organizacións pesqueiras da Unión Europea, coa Comisión Europea en cabeza, deben xogar -baixo a presidencia española da Unión- un papel decisivo que garanta o futuro inmediato que a propia CE non poderá alterar por máis que o comisario Sinkevicius o pretenda. Porque falamos da ONU, e estas son  outras palabras maiores. 

Outros artigos

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

+

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

+

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.