Unha festa infantil e os “Animacreques” de Catropés marcan o inicio (este venres) da celebración boirense para despedir o verán

24 Agosto 2023

Boiro é este días un fervedoiro cultural de actuacións para rematar agosto en formato intenso. Este venres 25 de agosto, sen ir máis lonxe, está prevista unha completa listaxe de espectáculos e actividades abeiradas á despedida do verán que organizaron a patronal (a ABE) e máis o Concello. Por exemplo o espectáculo itinerantes de zancos e monicreques Animacreques de Catropés, ás 20.30 horas na rúa peonil.

Animacreques é unha proposta de animación e intervención na rúa que xorde a partir da técnica circense dos zancos e o virtuosismo da danza. Anxela Blanco e Vanessa Rivas (Catropés) achegan con este espectáculo un xogo visual que permitirá ao público participar e gozar desta peculiar relación entre monicreque e titiriteira.

O espectáculo de Catropés abéirase ao programa de actividades elaborado pola ABE e o Concello de Boiro para despedir o verán, unha celebración que, segundo indicaron as actividades organizadoras, “compaxinará a liquidación dos stocks dos comercios cun amplo cartel de actividades de todo tipo durante o venres 25 e o sábado 26 de agosto”.

Stocks fóra Boiro

Os comercios asociados a patronal Boirense ofrecerán centos de produtos a prezos de liquidación durante toda a fin de semana, tanto os comercios como os produtos estarán sinalizados con carteis circulares e globos coas cores amarela e azul da campaña para que os clientes os poidan localizar facilmente.

Ademais os comercios repartirán gratuitamente aos seus clientes 2.000 bolsas de algodón e a ABE sorteará a través da súa aplicación de rexistro de tíckets 5 premios consistentes en 1 carro da compra e 50€ en bonos ABE.

Festa infantil

Na praza de Galicia estarán instaladas unha serie de atraccións infantís as que se pode acceder con convites que entregarán os comercios participantes.

O venres en horario de mañá e tarde habilitaranse dous inchábeis e un toro mecánico e o sábado en horario de tarde dous inchábeis e unha festa da escuma (con entrada libre).

Animación de rúas

O Concello de Boiro programará para a ocasión dous espectáculos infantís para venres tarde e sábado pola mañá.

O Venres 25 de agosto a partir das 20:30 está previsto o espectáculo itinerante de rúa Animacreques a cargo da compañía Catropés (animación de zancos, danza, teatro… e moita improvisación). En Animacreques, a partir da técnica circense dos zancos e o virtuosismo da danza, Anxela Blanco e Vanessa Rivas (Catropés) propoñen un xogo visual que permitirá ao público participar e gozar desta peculiar relación entre monicreque e titiriteira.

O sábado as 11:30 hs na praza de Galicia estará a compañía Pillaband co espectáculo A árbore dos desexos que foi gañadora do premio Martin Codax ao mellor espectáculo infantil. Pillaband é un proxecto de Inés Gontad (de Vacas) e Ramón Feáns e que conta a historia de Raiola, unha elefanta nova que vive na sabana africana e que un día, recordando os comentarios do seu pai acerca dunha árbore milagreira que existe no máis profundo da selva, e que ten capacidade de conceder un desexo a quen chegue ata ela, decide marchar para coñecer o seu sitio no mundo, e coñecerse a si mesma.

Música, gastronomía e enoloxía

Para completar a festa a ABE e o Concello de Boiro organizan conxuntamente o sábado 26 no parque da cachada un amplo abano de actividades ás que se suma ás 13:00 o concerto de Leilia incluído no ciclo Paisaxes Sonoras da Mancomunidade Barbanza Arousa (entradas en boiro.gal).

As 14:00 hs será a quenda da actuación musical de BlackStereo (de balde) e unha degustación gastronómica a cargo dos chefs Marcos Santamaria e Manuel Ozores maridada cos viños da IXP Terra de Barbanza e Iria e que inclúe degustación de Mexillón da Cooperativa de Produtores Mexilloeiros de Cabo de Cruz (ASMECRUZ) e conservas de JEALSA Rianxeira (asociados a patronal Boirense).

A degustación terá un prezo popular de 5€ e inclúe viño, mexillóns e a degustación preparada polos chefs.

Fin de festa

A celebración rematará co concerto +dMANÁ | Banda Tributo a Maná, liderados polo carismático cantante italiano Luca Lavelli, contan cunha importante e recoñecida traxectoria musical. A súa paixón pola música traspasou fronteiras e os mesmísimos Maná eloxiaron a súa enerxía, será as 22:00 da noite e os fogos de artificio as 00:30 hs da noite, ambas actividades tamén no parque da Cachada e con entrada de balde.

Podemos consultar o programa completo nas webs www.abe.gal e www.boiro.gal.

Programación

Venres 25 de agosto

12.00 a 14.00h, praza de Galicia – festa infantil con inchábeis e toro mecánico

18.30 a 20.30h, praza de Galicia – festa infantil con inchables e toro mecánico20.30h, rúas de Boiro – animación de rúas: Animacreques, Catropés.

Sábado 26 de agosto

11.30h, praza de Galicia – espectáculo infantil: A árbore dos desexos, Pillaband

13.00h, parque da Cachada – Paisaxes Sonoras: Leilía

14.00h, parque da Cachada – actuación musical Blackstereo, degustación de mexillón e degustación gastronómica

18.00 a 21.00h, praza de Galicia – festa infantil con inchábeis e toro mecánico

19.30h, praza de Galicia – festa da espuma

22.00h, parque da Cachada – concerto tributo Maná

00.30h, parque da Cachada – espectáculo pirotécnico

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...