Un libro póstumo de José Ramiro Villoch Herrera rememora o pasado salgado da Pobra

12 Agosto 2023


Dicía Victoriano García Martí en La Vanguardia no 20 de agosto de 1958 que “podría decirse que
si el Castelo fue la tradición, el Caramiñal, concretamente el Arenal barrio de los catalanes, fue el progreso.”
Este é un extracto do minucioso artigo sobre pobos costeiros galegos asinado polo xornalista e literato pobrense que José Ramiro Villoch Herrera incorporou á introdución da súa obra Tiempos de salazón y
conserva en A Pobra do Caramiñal, libro póstumo do recoñecido médico e escritor local.
Trátase do froito dun arduo traballo de documentación e investigación que chega unha década despois de Tiempos de vela para centrarse no pasado da salgadura e da conserva na localidade, ademais das familias promotoras deste fenómeno económico, coñecidas como fomentadoras.
Erixíronse así como precursoras das actuais flotas pesqueiras e fábricas e, en consecuencia, de parte da cadea mar-industria.
Rememórase, polo tanto, a importancia da salgadura e o seu estreito vínculo coa mariña mercante debido ás escasas comunicacións que existían por vía terrestre.
O alcalde e historiador, José Carlos Vidal; a concelleira da Cultura, Patricia Lojo; e Victoria Villoch, filla do falecido autor e doutor, participaron na tarde do 11 de agosto no acto de presentación que tivo lugar no Auditorio do Museo Valle-Inclán para dar a coñecer este completo volume que constata a paixón de Villoch pola historia local; un entusiasmo que traspasaba as follas. De feito, a casa onde viviu forma parte deses tempos da salgadura e amosou sempre un forte empeño por mante-lo almacén que quedou como vestixio do uso anterior do inmoble, pois protexe-lo patrimonio industrial pesqueiro é unha forma de preserva-la identidade do pobo.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.