“Un bico na boca non é motivo para a demisión de Rubiales”. Antón Luaces

22 Agosto 2023

O importante para o staff da Real Federación Española de Fútbol é que a selección nacional de fútbol feminino é a campioa do mundo. O de menos é que Luis Rubiales, presidente desa Federación, bicara na boca en pleno éxtase post-partido Inglaterra-España á futbolista Jennifer Hermoso sen contar co consentimento previo da xogadora. As persoas (¿?) que rodean a Rubiales na Federación coidan que o presidente desta xa dou as explicacións oportunas e, polo tanto, no haberá ningunha outra medida “a posteriori”. O propio Luis Rubiales xa dixo que non vai demitir, malia que nada menos que o presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, afirmou que o de Rubiales foi “un xesto inaceptable” e que as desculpas “non eran dabondo”. Rubiales, polo tanto, non pensa agora mesmo na súa renuncia ao cargo e o correspondente salario e, polo tanto,  non baralla a demisión. 

Na celebración posterior á declaración de España como campioa mundial de fútbol feminino foi tal a vehemencia de Rubiales, que este non debeu reparar en que Jennifer Hermoso era unha deportista á que o mundo enteiro premiaba e recoñecía e non precisaba do seu bico na boca para certificar ese feito . 

Quen se crerá que é Luis Rubiales, protagonista mundial dun acto nunca visto nun estadio de fútbol e no decurso dun acto no que as protagonistas eran as xogadoras do equipo nacional de fútbol feminino de España?. Talvez a figura principal do equipo?. Que diría Rubiales se fose unha filla súa a que se vira no mesmo trance?.

Que pouca lacha, diría calquera nai, impotente, amáis, ante tanto pedante que entende que “non foi para tanto”.

Non hai motivo dabondo para a demisión ou cese do presidente da RFEF?. 

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.