
Cando agromou en terras ibéricas -onde sempre existiu o “machismo”- a agresión máis exacerbada ou levada á súa máxima violencia contra a muller por parte do ou dos homes, a creación en distintos municipios españois dos coñecidos como “puntos violeta” por parte de edís ou meros cidadáns que tentaban por remedio con eles á perpetración de tales agresións, boa parte da cidadanía veu nese feito unha resposta axeitada a circunstancias acaídas ou sobrevidas polo que se consideraba non era outra cousa que un posicionamento de forza -unha especie de xustiza pola man- cidadá diante do que se entendía como unha consecuencia de certo desleixo observado nas forzas da orde pública por distintas circunstancias xulgadas. Foi como unha baixa máis ou menos xeralizada da garda constante que mantiñan os servizos policiais cando, no franquismo, nen sequera te podías expresar libremente, á que se respostaba con eses “puntos” que o feminismo (a ciudadanía, en definitivo) pintaba de cor lila como referente ao movemento “violeta” imperante e que se vencellaba a unha resposta axeitada ao machismo imperante.
A esa iniciativa feminista ou de consciencia respostaron desde posición políticas de dereita e estrema dereita argumentando, en primeira instancia, que para ese tipo de resposta estaban as forzas policiais.
Pero o 7 de xullo de 2016 producíuse en Pamplona a agresión -con violaciòn incluída- dunha moza de 18 anos por cinco homes nun portal do centro da capital navarra.
Denunciado pola vítima, o caso foi considerado como un abuso sexual por senllos tribunais da Audiencia Provincial e o Tribunal Superior de Navarra. Revisado e sentenciado posteriormente polo Tribunal Supremo, este considerou que se trataba dunha violación.
Naceu “A Manada” e o caso tivo un enorme seguemento na opinión pública, especialmente nas redes sociais. A consciencia do que este tipo de agresión significaba, medrou exponencialmente en todo o territorio nacional a resposta a ela e os “puntos violetas” naceron coma cogomelos. Mais esas dereita e estrema dereita políticas emanadas das últimas eleccións municipais e autonómicas celebradas en España non paran de botar terra sobre esta iniciativa cidadá, aducindo que un “punto violeta” ven ser un punto de febleza dos corpos e forzas de Seguridade. E alí onde eses partidos gobernan, comezan a desaparecer -porque os pechan as autoridades locais- eses centros que tentaban ser, máis ca un refuxio, un lugar no que orientar e axudar eficazmente có apoio policial ás vítimas desas agresións.
Máis dunha vez os corpos e forzas de seguridade solicitaron en España a colaboración cidadá. Cando esta se produce semella que tal colaboración non resulta grata para determinados partidos que, supostamente, estarían máis conformes cos que sempre exerceron, con vara alta, o clásico “ordeno, mando e fago saber”.



