Ribeira organiza visitas guiadas ao Miradoiro da Pedra da Ra e ao Castro da Cidá

17 Agosto 2023


As visitas son gratuítas e realizaranse tódolos venres de 11.00h a 12.30h, cun máximo de 15 persoas por grupo. As inscripcións poderanse realizar na Oficina de Turismo Malecón de Ribeira, de martes a domingo de 10:30 a 13:30 e de 18:00 a 20:30, ou ben no email eventosturismo@ribeira.gal ou no teléfono 981 873 007.

O concelleiro de Turismo Francisco Suárez-Puerta presentou hoxe o servizo de visitas guiadas ao Miradoiro da Pedra da Ra e ao Castro da Cidá, iniciativa da Concellería de Turismo.
“Estes roteiros turísticos teñen o propósito de ampliar a oferta turística existente resaltando o máis característico de Ribeira. Para iso, o Servizo de Turismo deseñou dous percorridos baseados nunha disciplina moi empregada no desenvolvemento de itinerarios turísticos como é a Interpretación do Patrimonio.” explicou o concelleiro. O deseño e a narrativa destes roteiros teñen como principal obxectivo facer unha comunicación estratéxica do patrimonio na que se conecte ao visitantecos significados do lugar, promovendo así actitudes positivas hacia a súa conservación.
Pola súa parte, o alcalde Luís Pérez destacou que as visitas guiadas pretenden poñer en valor a riqueza paisaxística e cultural que ofrece Ribeira tanto a visitantes como á veciñanza. “Dende o Concello estamos promovendo a creación dunha oferta turística, tanto para a veciñanza como para as persoas que nos visitan, que permita conectar coa natureza, coa cultura e cos valores patrimoniais, realizando as actividades en parella, grupo ou familia.”

concello

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.