Ribeira honrou “O Carmen” nas súas festas de verán

06 Agosto 2023

Unha das citas máis esperadas das festas de verán de Ribeira é a tradicional misa e procesión marítima da Virxe do Carme. Na tarde do sábado comezou a misa solemne en honra da patroa dos mariñeiros. Como é tradición, a cerimonia oficiouse na lonxa de Ribeira.

A pesar da calorosa tarde que se viviu onte na capital barbancesa, o recinto de poxas abarrotouse de devotos e familias moi emocionadas, ademais de autoridades como o alcalde, o conselleiro de Mar e o patrón maior. A celebración relixiosa prolongouse ao redor dunha hora e ao finalizar arrincou un dos actos con maior tradición en Ribeira: a procesión marítima.

A imaxe da virxe foi levada aos ombreiros ata o “Nueva Marina”, o barco no que surcou as augas da ría escoltada polas demais embarcacións participantes.

De poñer o toque musical e festivo ao desfile da patroa dos mariñeiros encargáronse a Banda de Música de Ponteceso, o grupo tradicional Xiada e a Coral Polifónica Municipal de Ribeira.

Despois de que a procesión en barco finalizase, a Virxe do Carmen foi levada á igrexa de Santa Uxía, onde esperará un ano antes de saír de novo para sucar a ría.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...