A praza do Concello de Ribeira acolleu este luns 28 de agosto pola tarde, a partir das 20.00 horas, unha concentración en apoio ás deportistas da selección feminina de fútbol, máis concretamente en apoio da xogadora Jenni Hermoso por ter sido vítima dunha agresión machista na pasada final do Mundial, onde se proclamaron campioas.

A concentración Por un deporte libre de violencias machistas, foi convocada nunha manchea de cidades e vilas da nosa xeografía. No caso de Ribeira, veu da man da Asociación de Mulleres da Barbanza. Contouse coa presenza das integrantes da asociación, da cidadanía en xeral e de membros do equipo de Goberno.




