Ribeira acolleu a décima edición do Día das Galegas nas Letras, que rendeu homenaxe a Aurora Marco

16 Agosto 2023

O parque de San Roque de Ribeira foi o escenario escollido este ano para a celebración do X Día das Galegas nas Letras, que homenaxeou a vida e obra da escritora Aurora Marco.

Foi un evento anual organizado pola plataforma de crítica literaria A Sega, a Asociación Cultural Barbantia e o Concello de Ribeira.

“Para nós é un orgullo que Aurora Marco escollera Ribeira para a celebración deste evento tan emotivo” destacou o alcalde Luís Pérez Barral.

A xornada comezou cun roteiro imaxinario sobre a obra de Aurora Marco e unha posterior lectura de manifesto por parte da autora, que destacou a importancia de recoñecer e visibilizar o labor realizado polas mulleres. O acto rematou cunha pequena romaría con xantar popular e micro aberto.

A orixe da devandita distinción, Señora das Letras, naceu en 2014 e nas nove primeiras edicións foron nomeadas: Dorohé Schubart (2014), María Victoria Moreno (2015), María Xosé Queizán (2016), Patricia Janeiro (2017), Marica Campo (2018), Xela Arias (2019), Inma Antonio (2020), Uxía Casal (2021) e Luísa Villalta (2022).

Como explican as mulleres do colectivo na súa páxina web sobre esta celebración:

“Hai quen senta e observa mentres outros tentan dicirnos quen son dignos e quen non son dignas de entrar no concepto que temos de literatura e de país. Hai quen se laia, hai quen concorda, hai quen simplemente nin atende. E logo estamos as que collemos o foucín, arrefuzamos as mangas e botamos o sombreiro ancho para saír de Sega”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...