A goleta Evangelina segue a ser este verán (ao longo dos mes de xullo, agosto e setembro) un dos grandes atractivos do porto de Rianxo, e máis tendo en conta que é posíbel navegar a bordo dela, “permitindo coñecer a nosa ría dende unha nova perspectiva”, segundo informou o Concello a conto das singraduras turísticas que teñen a dita embarcación como protagonista e nas que aínda estamos a tempo de participar.

Hai dúas opcións no que a horarios se refire (cómpre chegar sempre un pouco antes da hora de saída):
– Travesía mariñeira: ás 9:30
– Travesía ao atardecer: ás 20:30
Inscricións: é necesario inscribirse e recoller os billetes no punto de información turística de Rianxo, indicando os nomes de cada persoa e un teléfono de contacto.
Os billetes reserva entregaranse para o acceso á embarcación.
A goleta Evangelina, con 110 anos de historia navegando pola costa galega. Ten capacidade para 12 prazas e alcanza os 18,70m de eslora, 5 de manga e 1,65 de puntal, con 2 grandes mastros sostendo as velas. O seu porto base é en Rianxo, e pódese contemplar a diario esta obra de arte, construída nunha carpintaría de ribeira e restaurada de xeito tradicional nos Estaleiros Catoira de Rianxo.
Prezo:
- Adultos (a partir de 8 anos): 20€
- Nenas/-os (de 0 a 8 anos incluídos): 15€
O pagamento realizarase ao patrón, previo acceso á embarcación.
Punto de encontro: Club Náutico de Rianxo, na caseta de vixilancia situada na marxe dereita de acceso.



