“Residencias de maiores” – José Manuel Pena

16 Agosto 2023

Que está a pasar nalgunhas residencias de maiores de Galicia? Por que hai tanto medo aos labores inspectores? Teñen algo que ocultar? Seica non se cumpren cos pregos de condicións, os protocolos e demais lexislación vixente? O peor de todo é que sexa a propia Xunta de Galicia a que presuntamente obstaculice a eficacia dos labores de inspección nas residencias de maiores, segundo denuncian publicamente desde a Asociación de Inspectores dos Servizos Sociais (AGISS).

Os inspectores, que son funcionarios públicos, quéixanse de que a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia “filtra” a algunhas residencias de maiores os días de visita dos inspectores e por conseguinte non se está a garantir a máxima confidencialidade da propia actuación inspectora. É evidente de que hai temor ante as posibles irregularidades e ilegalidades nas que se poidan estar a incorrer en certas residencias de maiores.

As denuncias públicas dos propios inspectores da asociación galega tamén constataron que nas eleccións anteriores “persoas con posible capacidade modificada entregaban o voto ao funcionario de Correos en presenza do persoal responsable dos centros de maiores”.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.