“Quen foi Carlos García Bayón?” . Xosé Antonio Ventoso Mariño

21 Agosto 2023

Recibiu máis de corenta premios, especialmente o Godó, o Fernández Latorre, o Julio Camba, o Álvaro Cunqueiro, o Pérez Lujín, a Medalla Castelao, foi cronista oficial e fillo adoptivo de Ribeira, columnista habitual de La Voz de Galicia, publicou máis de vinte libros sobre distintos aspectos da historia do Barbanza. Dedicou media vida a escudriñar a historia da nosa comarca a través de pedras, cruceiros, escudos e todo tipo de restos. O pasado é o espello do presente e o presente a chea de fracasos do pasado. Fraga dixo que o labor de Bayón non fora xustamente recoñecido.

Retrato de García Bayón

Carlos García Bayón foi un titán das letras e a Cultura de Galicia. Na súa escola aprendemos os rudimentos para ser homes. Todos os que alí estudamos fomos a base sobre a que se construíu o desenvolvemento de Ribeira dos anos setenta do século pasado 

Miro cara atrás, sen ira, e os meus recordos viran ao redor dunha escola chea de bancos e encerados onde nos foi ensinado o pracer de escoitar. A escola actual eliminou o pracer de descubrir como tras cada significante latexa un significado distinto, só ao servizo de quen transmite o saber non só como coñecemento senón tamén como conduta.

Nos recreos, cando saía disparado ao patio, sempre temía oír a súa voz: “Ventosiño vén aquí”, e eu achegábame sabendo de antemán a tarefa para recibir: “Ve al dicionario de antónimos e sinónimos y busca estas o aquellas palabras”, cando volvía e entregaba a tarefa sempre me dicía: “Al escribir elige aquellas palabras que pesen menos, sólo así aprenderás su musicalidad”.

Bayón foi un titán do xornalismo, como senón pode entenderse que na Ribeira dos anos sesenta do século pasado un mestre de escola publicase artigos nos mellores xornais de España: ABC, Pueblo, La Vanguardia ou La Voz de Galicia desde unha aldea no cu do mundo. Bayón era un namorado da musicalidade das metáforas. Modernista, seguidor de Rubén Darío e de Miró, non permitía nos seus escritos o estraperlo destes comúns ou frases feitas: “Huye del vulgo y el rebulgo”, dicíame, “deja a la música encontrar su ritmo hasta escribir la partitura con letras cantarinas, para que aflore el símbolo sin esforzar el tono”.

Recordo as súas charlas dos xoves pola tarde. Tres timbrazos desde a mesa do profesor reclamando silencio e atención. Gardabamos a pizarra, a libreta e o libro, sentabámonos enriba dos pupitres e dispoñiámonos a escoitar as historias da historia que tamén contaba. Un día era o romance de don Arnaldos, outro as xestas do Cid, o valor de Daoiz e Velarde ou as batallas da Reconquista onde benimerines e almohades enfrontábanse e eran derrotados nas batallas do Salado ou das Navas de Tolosa co bispo Germïrez á fronte.

Un home coma Bayón coas súas luces e as súas sombras non merece ser esquecido nunha cidade onde hai tan pouco destacable na súa historia: aproban rúas e ata se dedican museos a exposicións de bonecas e chaponitas de bebé… mesmo o Concello acorda cambiar o nome do Parque García Bayón supoño por non consideralo merecedor de tan alta honra. Ribeira non aprecia a talla e dimensión da figura de Carlos García Bayón: nin unha esquina na Biblioteca Municipal para os seus libros nin unha sala no museo para a inxente colección doada –gratis et amore– ao Concello, nin unha placa distintiva en lugar algún do territorio para lembrar ás novas xeracións o legado dun gran home. Protesto contra tan grandes menosprezo e esquecemento. Espero non estar só, soamente só

A desmemoria desta cidade tráeme o recordo aqueles versos que Bob Dylan gravou: “Cando sopren novos ventos/ ten o corazón alegre/ e que soe a túa canción”.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...