Preto dun centenar de embarcacións Optimist e ILCA 4 sucarán a ría de Arousa coa Regata Gadis

18 Agosto 2023

A Regata GADIS, con novo formato despois de 16 anos dedicada a Clase Cruceiro, celebrarase esta fin de semana “en dúas xornadas moi mariñeiras”, a primeira con refachos de vento leve e variábel e algo de mar de fondo tralo paso da borrasca esta pasada madrugada pola costa galega, e a do domingo con mellor bonanza meteorolóxica, tanto de vento como de sol. Así o confirmou a organización do evento, o Club Náutico Deportivo de Ribeira baixo o patrocinio de GADIS. Ambas as institucións confirman unha vez máis con este acontecemento deportivo a súa aposta pola vela infantil e xuvenil, coa presenza garantida de preto de un centenar de embarcacións das clases Optimist e ILCA 4, sendo maioría de rexistrados os recentemente chegados á Escola de Vela Ramiro Carregal Rey, que son case 40.

A praia de Coroso será o epicentro da Regata GADIS, ao abrigo da propia enseada ribeirá, e á vista do edificio social do Náutico, polo que a evolución das probas, poderanse ver desde a súa balconada ou desde o propio dique do seu porto deportivo, nos clásicos bastóns con trazados longos de través.

O top de saída está programado ás 14.30 horas do sábado, sendo a previsión do comité o tentar validar tres probas. Ao seu regreso a terra os novos regatistas atoparanse cunha merenda mariñeira, elaborada con produtos de GADIS nas instalacións do Club.

O domingo o tiro de saída para a cuarta manga darase a 10.30 h da mañá, con outras tres probas por diante, para completar o programa deportivo que é de 6 na súa totalidade.

A entrega de premios celebrarase á 18.00 h., presidida por José Luis Torres Colomer, acompañado de boa parte da súa xunta directiva e de responsables de GADISA, entre outras autoridades.

Fotos Juan Caballero

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...