Presentada este xoves a LX Regata Rías Baixas Xacobeo 2023, cunha das escalas na Pobra

03 Agosto 2023

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, presentou este xoves a LX Regata Rías Baixas Xacobeo 2023, que se celebrará entre os vindeiros 10 e 14 de agosto, xunto á vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, e o presidente do Real Club Náutico de Vigo, José Antonio Portela.

“É unha honra que esta mítica regata continúe ligada á imaxe do Xacobeo para ofrecer unha programación socio cultural máis ampla ao longo e ancho das rías de Vigo, Pontevedra e Arousa difundindo os seus valores e fomentando o intercambio cultural entre a sociedade local, os peregrinos e os visitantes”, sinalou a representante autonómica durante o acto levado a cabo na sé da entidade deportiva viguesa.

A regata, proba náutica por etapas máis importante de España, terá saída desde Vigo e contará con pasos polos portos de Combaro, A Pobra do Caramiñal e Sanxenxo para retornar de novo á cidade olívica. Ortiz destacou que a Xunta de Galicia apoia o proxecto da Regata Rías Baixas Xacobeo para “conseguir o ambicioso obxectivo de afianzar o liderado de Galicia como foco de atención mundial da vela, poñendo en valor ao mesmo tempo a excelencia da nosa costa”.

A delegada territorial tamén lembrou que o Xacobeo tamén dá cobertura a outras probas náuticas, como as rutas Iacobus Maris e Cabaleiro das Cunchas, co obxectivo de difundir os valores do Ano Santo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.