O Concello de Porto do Son organiza unha visita guiada ás mámoas de Montemuíño. Será conducida por Manolo Lestón (arqueólogo director das obras), que, segundo informan os organizadores da actividade, “mostrará unha morea de cousas interesantes sobre o megalitismo e as mámoas e sobre todo o relacionado coa intervención arqueolóxica que está a levar a cabo no lugar de Montemuíño”.

Este programa de visitas guiadas forma parte do proxecto que busca recompilar datos sobre o estado da mámoa danada fai máis de trinta anos, e así determinar os traballos necesarios a realizar en vindeiras actuacións no túmulo.
-10 de AGOSTO ás 11:00h
– Virxe do Leite, Montemuíño, Baroña
Non é precisa inscrición.
Está intervención arqueolóxica está custeada pola Dirección Xeral de Patrimonio coa colaboración da Comunidade De Montes de Baroña e o Concello de Porto do Son



