“Partidos de aluvión, que van e veñen coma o trebón” – Antón Luaces

10 Agosto 2023

E será o seu destino?. O futuro político de España é bipartito?

Cando naceu “Ciudadanos” (o partido cuxo berce foi Cataluña) pensei (e escribín) que o seu futuro estaba perfectamente destinado á maraña liberal e a disposición nun futuro a admitir pertenzas colaboracionistas con partidos da súa dereita e da súa esquerda. Quixo seguir o vieiro marcado por UCD e, posteriormente o CDS, e quedou no derradeiro adeus de quen foi Inés Arrimadas, en realidade o santo e sinal da estrutura “cidadá”. As masas que o acompañaron deixaron no camiño aos fundadores. Por culpa de Rivera).

 “Ciudadanos” foi o prototipo do suflé lixeiro e etéreo e, como o suflé, con  trazas de medrar cando, na realidade, comezaba a morrer. E morreu cheo de soños.

En boa medida, un segundo partido de aluvión -se ben de moi distintos obxectivos- foi “Podemos”, que quixo e non poido. Fóise polo mar abaixo unha vez que Pablo Iglesias -como antes acontecera con Albert Rivera, de “Ciudadanos”- deixou o temón nunhas mans que non eran as que conduciran ao movemento cidadán nado nas rúas e prazas de Madrid ao aveiro das universidades e a esixencia de cambios. España modulou a REALIDADE que tentaban deseñar cando ecoaba no Estado español un aire novo que pretendía rachar cun pasado franquista que latexaba en cenáculos pouco ou nada dados a ceder o poder dos seus votos a unha estrutura allea ao “Arriba España” do xeneral ferrolano.

“Podemos” non puido e os seus restos, xunto cos do PCE, arrouparon o proxecto SUMAR da fenense Yolanda Díaz, que agromaron nas eleccións xerais do 23 de xullo pasado e cuxo destino está aínda por ver. Como por  ver está tamén o futuro de Vox, máxime após a perda de dous dos seus máis significados valores: Macarena Olona e Iván Espinosa de los Monteros, integrantes dun que se dicía era “o partido do sentido común, o que pon voz ao que pensan millóns de españois nas súas casas” e que, o 23 de xullo de 2023 non quixeron seguir as consignas dun franquismo trasnoitado ao que, teóricamente, renunciou esta semana Espinosa de los Monteros facendo bo o concepto de suflé antes citado.

Non puido Adolfo Suárez, tampouco Albert Rivera. E Pablo Iglesias non  atopou o seu Galapagar político na cociña da verdade, que é a que manexan os cidadáns e non   o CIS de Tezanos. E tampouco teño a seguridade de que poida Santiago Abascal con VOX e Yolanda Díaz, con SUMAR encher o valeiro que queda á unha e outra banda dos partidos maioritarios de ámbito nacional.

O futuro inmediato é, polo tanto, o bipartidismo PSOE-PP?. Vai dicilo o tempo e o que SUMAR acade nos vindeiros catro anos de lexislatura (se son quen uns e outros de completar tal periodo. O suflé está a se cociñar.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...