Os rapaces e rapazas do Campamento Concilia Verán 2023 visitaron a Casa Consistorial de Boiro

17 Agosto 2023


Os rapaces e rapazas do Campamento Concilia Verán 2023 visitaron na mañá deste xoves 17 de agosto a Casa Consistorial de Boiro para coñecer o funcionamento do Concello e trasladar ao alcalde as súas demandas. O rexedor, José Ramón Romero, xunto con outros concelleiros do Goberno local, explicáronlles o seu traballo e atenderon as demandas dos rapaces e rapazas relativas ás melloras nas distintas parroquias.

A rapazada procedía do campamento municipal que se está a desenvolver esta tempada en Cespón, Abanqueiro e Cabo de Cruz. Os rapaces e rapazas tiveron oportunidade de visitar o Salón de Plenos e coñecer cales son as funcións do alcalde e os concelleiros e concelleiras. Ademais, puideron trasladar ao Goberno local demandas das parroquias como son a mellora dos parques infantís e outras cuestións relativas á seguridade viaria e dos centros de ensino.

O campamento está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 aos escolarizados e ten como obxectivo facilitar ás familias un recurso de conciliación con horarios flexíbeis durante a época estival. Os rapaces e rapazas desenvolven actividades baseadas en técnicas de intervención participativas e activas coas que se fomenta a creatividade e os valores do respecto e solidariedade con enfoques non sexistas e planificadas segundo as idades e necesidades socioeducativas.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.