Os novos axentes en prácticas da Policía Nacional reciben a visita da subdelegada do Goberno (catro en Ribeira)

02 Agosto 2023

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, achegouse este mércores 2 de agosto ata a Comisaría de Lonzas (A Coruña), para dar a benvida a 15 axentes de Policía Nacional, 11 homes e 4 mulleres, que durante once meses desenvolverán o seu período de prácticas en diferentes unidades. No que atinxe ao total da provincia hai 41 axentes repartidos e repartidas entre as comisarías: 16 en Santiago; 6 en Ferrol-Narón e 4 en Ribeira.

Ademais dos axentes en prácticas, tamén se incorporan a Lonzas 6 axentes, 4 homes e 2 mulleres, que finalizarán aquí o seu período de formación como inspectores e inspectoras para acceder á escala executiva. No total da provincia son 11 os inspectores alumnos e alumnas que optan á súa incorporación á escala executiva.

O módulo de prácticas é a última fase do proceso selectivo para formar parte do Corpo Nacional de Policía logo de superar as probas da oposición e o curso selectivo na Escola Nacional de Policía de Ávila. Ao longo deste período os e as policías terán unha aprendizaxe práctica coa que obterán o nivel de profesionalización requirido para o desenvolvemento das funcións propias de policía.

Durante este tempo prestarán servizos en diferentes brigadas de Seguridade Cidadá, Policía Xudicial, Estranxeiría e Fronteiras, Policía Científica e Información así como na Oficina de Denuncias

Ademais de darlles a benvida, a subdelegada felicitou as novas e novos axentes “por ter chegado ata aquí e ter superado unhas probas tan esixentes e selectivas como as da Escola de Ávila”.

María Rivas fixo fincapé en que durante estes meses, o seu traballo contribuirá a resolver infraccións, atender incidencias e realizar un servizos público esencial dende a responsabilidade e o compromiso.

A subdelegada salientou tamén a importancia da incorporación da muller ás Forzas e Corpos de Seguridade e lembrou que esta promoción chega xa un 32% de mulleres.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.