O servizo Coidados Porta a Porta estará no Centro Social de Cespón (Boiro) entre o 6 e o 8 de setembro

03 Agosto 2023

Boiro recibe novamente os días 6, 7 e 8 de setembro a unidade móbil do programa Coidados Porta a Porta, que desta vez se instalará en Cespón a carón do Centro Social. Este programa ten como finalidade achegar ás persoas maiores do rural servizos asistenciais para a prevención da dependencia con servizos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria.

O programa toca estar tres áreas ao ser fundamentais para a prevención da dependencia nas persoas maiores. No eido da estimulación da memoria vanse a realizar actividades para a estimulación cognitiva e funcional, para a prevención da dependencia mediante hábitos de vida saudábeis ou para a promoción do envellecemento activo.

O coidado do pé adquire importancia co paso dos anos, por iso os servizos que se van a levar a cabo inclúen consultas básicas en podoloxía, corte e limpeza de uñas, eliminación de durezas, calosidades e helomas e unha valoración do estado xeral do pé.

Os servizos relacionados coa audioloxía implican unha consulta básica, unha exploración funcional da audición e prevención da persa auditiva xa que o seu deterioro pode afectar á integración sensorial e resultar nunha menor socialización.

Para participar neste programa pode solicitarse cita previa ou máis información no enderezo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal ou nos teléfonos móbiles 622 748 283 ou 623 546 992.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.