O PP reprocha ao tripartito que pechase Coroso e a Corna en plena onda de calor cando as análises da Xunta indicaba que non era necesario

08 Agosto 2023

Preocupado pola noticia emitida onte polo Concello de Ribeira acerca de que se desaconsellaba o baño nas praias de Coroso e Corna por mor dunha elevada presenza da bacteria escherichia Coli nestes areais a tenor dunha análise efectuada pola Consellería de Sanidade, o grupo municipal do Partido Popular de Ribeira púxose en contacto coa Xefatura Territorial na Coruña desta Consellería para recabar máis información ao respecto.
De resultas desta xestión, a formación que lidera María Sampedro Fernández puido saber que, posteriormente á citada análise (que tivo lugar o mércores 2 de agosto), practicouse un exame posterior o domingo día 6, cuxos resultados revelan que a presenza das bacterias volve a atoparse en niveis aceptables e non supoñe risco para os bañistas.
Xa que logo, o PP de Ribeira reprocha ao Executivo encabezado por Luís Pérez Barral que, logo de coñecer o resultado da análise do 2 de agosto, non tivera a dilixencia ou a preocupación de poñerse en contacto directamente coa Consellería de Sanidade para interesarse por este tema e saber entre outras circunstancias se había algunha nova análise en marcha, como de feito sucedía: en lugar disto, o Concello optou por elaborar a súa propia análise para dispendio dos cartos municipais cando é outra a administración competente.
Entenden os populares que a prevención é necesaria, pero din, as mostras de bisoñez por parte do tripartito son evidentes nunha incidencia que coincide ademais cunha onda de calor na época álxida do verán, para prexuízo do noso sector turístico e negocios afíns.
Agarda o PP de Ribeira ademais que en futuras ocasións este goberno obre con maior dilixencia, so pena de que a reiteración de incidentes e medidas a destempo poidan poñer en risco incluso a única bandeira azul da comarca do Barbanza, como é a de Coroso.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...