O Náutico de Ribeira e Gadis fomentan a vela infantil e xuvenil transformando a súa regata de Cruceiros aos Optimist e ILCA 4

09 Agosto 2023

O Náutico Deportivo de Ribeira e Gadis rubricaron un acordo histórico polo que ambas as institucións,
promotoras da Regata Gadis de Cruceiros, disputada os últimos 16 anos, transforman o evento velístico a favor do deporte infantil e xuvenil, organizando unha primeira cita que reunirá en augas da Ría de Arousa a preto dun centenar de nenas e nenos das Clases Optimist e ILCA 4, este último antigo 4.7, o máis novel das tres categorías do Láser.
Escenificada a presentación oficial, por unha banda, José Luís Torres Colomer, presidente do Náutico de Ribeira, e polo outro Luís Vázquez, Delegado de Gadis na cidade, tendo por marco a biblioteca da entidade social e deportiva e como testemuñas Justo Arevalillo e José Díaz, membros da Xunta Directiva, deciden, baixo a supervisión da Real Federación Galega de Vela, que a aposta deportiva celebrarase os días 19 e 20 deste mes de agosto coa ñraia de Coroso como epicentro do evento.
“Puxémonos de acordo tanto Gadis como o Náutico de Ribeira en que esta transformación tiñamos que facela para fomentar o deporte entre os máis pequenos, sobre todo o noso da vela, organizando este evento a través da Escola de Vela Ramiro Carregal Rey”, comentaba Torres Colomer.
“Este ano a regata adquire unha especial sensibilidade ao estar destinada aos máis novos do deporte da vela, as nenas e nenos das clases Optimist e ILCA”, comentaba Vázquez.

“Como sabedes, un dos firmes compromisos de Gadis é a promoción da actividade física, en todos os seus ámbitos, e da alimentación saudable. Proba diso é que o 40% das actividades coas que colaboramos en 2022 son de carácter deportivo”, matizaba o Delegado de Gadis en Ribeira.
Premiaranse aos regatistas máis novos, cunha clasificación especial para Escolas de Vela en Optimist; premios para os regatistas da listaxe absoluta, tamén de Optimist; e premios para os ILCA 4, todos
eles co mítico cabaliño de mar en bronce do Club Náutico e un polo e mochila conmemorativo do evento, cortesía de Gadis. A inscrición en ambas as categorías é gratuíta e o sábado pola tarde
os participantes poderán gozar dunha merenda mariñeira, organizada a modo de convivencia para estimular o compañeirismo e o intercambio de experiencias na mar entre todos os nenos e nenas
chegados desde outras entidades deportivas de Galicia.

Foto: Juan Caballero

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...