O Concello de Ribeira anuncia a ampliación do mercadiño de Aguiño

29 Agosto 2023

O Concello de Ribeira anunciou que o mercadiño de Aguiño, que se celebra tódolos luns de durante xullo e agosto, vai ampliar a súa actividade ate a segunda semana de setembro.

“En vista da afluencia dos postos de alimentación e téxtiles, e co propósito de promover a dinamización social e comercial en tódalas parroquias ribeirenses, o mercado de Aguiño celebrarase dúas semanas máis na rúa Castelao sempre que o tempo o permita”, explicou o concelleiro de Servizos Sociais e Mercados Municipais, Vicente Mariño, engadindo que “non só se trata de fomentar a venta local, se non tamén de crear un espazo onde os residentes poidan interactuar”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...