O Concello de Ribeira adxudica a construción dunha grada cuberta no campo de fútbol de herba artificial da Fieiteira

30 Agosto 2023

O Concello de Ribeira adxudicou a construción da grada cuberta no campo de fútbol de herba artificial da Fieiteira por un importe de de 217.785,33 euros.

“Actualmente o campo de fútbol de herba artificial da Fieiteira dispón dunhas gradas desmontábeis cunha cuberta lixeira que resulta insuficiente para as necesidades de aforo actuais. Por este motivo proxectouse a execución dunha grada prefabricada”, explicou o concelleiro de deportes Xabier Vidal.

A obra, que se executará nun prazo de 4 meses, contempla unha grada de formigón de 30 metros de lonxitude disposta en 4 filas e cuberta con paneis. O acceso realizarase mediante dúas escaleiras situadas nos extremos da grada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.