O Concello de Boiro recomenda o uso responsábel de auga municipal para evitar cortes no subministro

25 Agosto 2023

O Concello de Boiro, dadas “as faltas de presión que se están a suceder no abastecemento de auga”, recomenda “o uso responsable da auga municipal evitando os regos de xardíns ou fincas agrícolas e baldeos co subministro da traída”.

Os servizos técnicos municipais alertaron nos últimos días do baixo nivel dos depósitos e a falta de presión, que se debe, en palabras do Concello, “a un consumo excesivo por parte da veciñanza derivado de baldeos, rego en xardíns e acometidas non autorizadas”. É por iso que se recomenda facer “un uso responsábel evitando o consumo excesivo da auga da traída municipal”.

Con estas medidas búscase minimizar os efectos que a falta de auga pode provocar no abastecemento municipal, polo que se levará a cabo un maior control da posible existencia de acometidas non autorizadas para evitar o corte da subministración en determinados horarios.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...