O Concello de Boiro, o Foro Ecolóxico e o IES A Cachada instalan cabicheiros nas principais rúas do municipio

24 Agosto 2023

Co obxectivo de seguir impulsando a concienciación e a educación ambiental a nivel local e comarcal, o Concello de Boiro colabora co Foro Ecolóxico de Boiro e o IES A Cachada para a instalación de cabicheiros nas principais rúas do municipio. A concelleira de Medio Ambiente, Olga González; xunto cunha representante do Foro Ecolóxico de Boiro, Ana Vázquez; participou na mañá deste xoves 24 de agosto na presentación do proxecto.

Segundo fixeron saber na presentación, esta iniciativa de educación e concienciación ambiental do Foro Ecolóxico de Boiro comezou pola crecente preocupación do lixo que se tira nas contornas do municipio como son montes, praias e rúas. “Este proxecto xorde da problemática que producen as cabichas no medio natural e busca concienciar sobre a importancia de non tirar os cigarros ao chan”, indicaron dende o foro.

Esta preocupación levou a concienciar ás novas xeracións sobre a importancia de depositar o lixo correctamente nos contedores e alertar das consecuencias futuras. O proxecto estendeuse aos centros de ensino, en concreto o IES A Cachada, e o alumnado deseñou uns borralleiros e uns trípticos informativos que se veñen de instalar agora nas rúas máis céntricas do municipio.

“Dende o Concello de Boiro vimos moi importante formar parte deste proxecto que ten como finalidade espertar a conciencia ambiental e de coidado do medio ambiente e apostar por un futuro máis limpo”, afirmou a concelleira, Olga González.

Os borralleiros, explicou, estanse a colocar en lugares estratéxicos e que permiten ser baleirados de xeito periódico polo persoal de limpeza viaria, así como en locais hostaleiros.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.