O Centro de Saúde de Rianxo incorpora o servizo de radiodiagnóstico para que os pacientes poidan realizar probas sen desprazarse

04 Agosto 2023

O Centro de Saúde de Rianxo vai contar co Servizo de Radiodiagnóstico, así os pacientes poderán realizar probas no seu centro de saúde sen desprazarse ao hospital de referencia.
Onte a xerente da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza, Eloína Núñez, acompañada do director de Atención Primaria, Felipe Calle, visitaron o centro onde informaron aos profesionais da instalación deste novo equipo de RX, da dotación de Recursos Humanos e das obras necesarias para habilitar a sala onde se realizarán estas probas de radioloxía convencional.
A xerente mostrou a súa satisfacción por poder ampliar a carteira de servizo e salientou que “este equipo permitirá darlle máis capacidade resolutiva aos profesionais do centro co fin de solucionar os problemas de saúde da cidadanía de Rianxo sen que teñan que trasladarse”.
Esta adquisición enmárcase no plan da Xunta de traballar a prol dunha atención primaria máis resolutiva, polo que se investirá máis de 5M€ en novas salas de Raios X para 29 centros de atención primaria, o que supón a implantación deste servizo en tres novos, entre os que está Rianxo (amais de Ortigueira e Pontedeume).
Amais, no que atinxe aos centros de saúde da área, renovarase o equipo de radioloxía cunha sala dun detector no Centro de Saúde de Arzúa, e substituiranse equipos dun detector por outros de dous, no centro Concepción Arenal de Santiago de Compostela, no CS de Lalín, e no PAC de Santiago.
Os novos aparatos irán chegando aos centros de saúde entre este ano e o vindeiro, mellorando a capacidade diagnóstica dos equipos de atención primaria.

A xerente Eloína Núñez con membros do equipo directivo da área sanitaria e con profesionais do centro de saúde en Rianxo

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A crise nos nenos” – José Manuel Pena

“A crise nos nenos” – José Manuel Pena

A parella está sen traballo e unicamente perciben pouco máis de 600 euros mensuais. Teñen dúas nenas de 4 e 6 anos. A pasada semana comeron pasta e arroz porque non dispoñían de diñeiro e a prestación non entra, no caderno do banco, ata o día dez de cada mes. Desde...