O alumnado de arpa de Galicia inaugura este xoves 3 de agosto, o 10º Noia Harp Fest

02 Agosto 2023

O Noia Harp Fest, o único festival dedicado á arpa no noroeste da Península Ibérica, inaugurará este, xoves 3 de agosto, a súa décima edición. Até o vindeiro domingo, día 6, a vila noiesa acollerá un evento musical aberto a todos os públicos e que aposta pola diversidade estilística na súa programación, na que a interpretación do instrumento é o fío condutor.

O 10º Noia Harp Fest comezará no serán do xoves 3 de agosto cunha sesión festiva e que porá en valor o talento local. O alumnado das escolas de arpa de Galicia abrirá, por segundo ano consecutivo, o festival. Estudantes de Vigo, Santiago, Mos e Ferrol actuarán a partir das 18:00 horas no Liceo de Noia, nun concerto cun repertorio que contará con temas tradicionais de distintas rexións do mundo e até un arranxo da Bohemian Rapsody de Queen. Como peche, todas e todos renderán homenaxe a quen introduciu, por vez primeira, a arpa na música feita en Galicia, Emilio Cao, coa interpretación do seu O vals do mencer, arranxado especificamente para a ocasión. De seguido celebrarase unha foliada de benvida ao festival.

Nesta segunda edición do Encontro de Escolas de Arpa de Galicia, participará o alumnado de Mayeusis, Conservatorio das Artes de Vigo (cuxa profesora é Mayca Alleres); da Escola Municipal de Música Folk e Tradicional ETRAD, de Vigo (Begoña Riobó); da Escola Municipal de Música de Santiago (Bleueen Le Friec); do Conservatorio Profesional de Música de Torroso, de Mos (Alba Barreiro); e do Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño, de Ferrol (María José Carralero). Ademais do concerto no Liceo de Noia, o grupo participará nunha xornada de convivencia, que incluirá un ensaio conxunto e ruta en kayak pola ría de Noia.

Noia Harp Fest

O 10º Noia Harp Fest, organizado pola asociación homónima e Nalgures Producións, e dirixido por Rodrigo Romaní coa colaboración de Beatriz Martínez e Alba Barreiro, ofrecerá este 2023 nove concertos, que serán de acceso gratuíto para o público e que terán lugar en espazos singulares da vila. Ao longo de catro xornadas, estilos coma o folk, a vangarda e a electrónica, as músicas populares galegas, francesas e alemás, ou mesmo a clásica contemporánea, percorrerán as rúas, prazas e recintos culturais de Noia.

Así, a Praza do Tapal, a Igrexa Santa María A Nova, o Teatro Coliseo Noela ou o Liceo de Noia acollerán as actuacións de arpistas de recoñecida traxectoria, coma a irlandesa Laoise Kelly, a alemá Daniela Heiderich, as escocesas The Pozzies ou a andaluza Müsgo; de novas intérpretes que están a espallar o seu talento nas mellores orquestras de Europa, coma a portuguesa Beatriz Cortesão ou as españolas Elisabeth Cerra e Claudia Besné; e de agrupacións claves para a difusión da música no territorio galego, como é o caso da Real Filharmonía de Galicia ou de SonDeSeu. Ademais de artistas notables do ámbito galego, estatal e internacional, o NHF acolle tamén ás persoas amadoras do instrumento ou que se están a iniciar na súa práctica, como é o caso do alumnado de arpa das escolas de Galicia. Esta pluralidade e diversidade da práctica artística, así coma das orixes das e dos participantes, fai do Noia Harp Fest unha proposta estimulante e próxima para todos públicos de todas as idades.

O Noia Harp Fest, organizado pola asociación homónima e Nalgures Producións, conta co patrocinio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, do Concello de Noia e da distribuidora musical Altafonte. Tamén colaboran nesta edición o Liceo de Noia e a Asociación de Española de Arpistas. Para máis información, pódese visitar www.noiaharpfest.gal.

Axenda do Noia Harp Fest para o xoves, 3 de agosto

Liceo de Noia, 18:00 horas |  II Encontro de Escolas de Arpa de Galicia. Homenaxe Emilio Cao.
Liceo de Noia, 20:30 horas |  Foliada de benvida ao 10ª Noia Harp Fest

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.