Novo récord de participación no segundo sorteo das Quincenas Fantásticas da ABE

01 Agosto 2023

Na mañá deste 1 de agosto a sede da patronal de Boiro acolleu o sorteo dos premios da segunda das quincenas da campaña de verán da ABE (campaña Quincenas Fantásticas) entre os 1.581 tíckets de compra rexistrados polos clientes dos negocios asociados entre o 16 e o 31 de xullo. Segundo informou a Asociación Boirense de Empresarios os devanditos 1.581 rexistros volven a ser récord da campaña superando en 200 os da primeira quincena e en mais de 500 os da edición de 2022, “datos que demostran a boa acollida da mesma por parte dos clientes”, sinalou a patronal.

As persoas premiadas (e os establecementos implicados) nos premios foron as seguintes:

250 euros – Mónica Outeiral – Herboristería Fiuncho.

150 euros – Noemí Vieites – Cervecería Gilligans

100 euros – Nieves García – Carnicería Moncho Boga

Bicicleta – Silvia Lampón – Congelados Digna

A entrega de premios terá lugar este xoves ás 13:45 hs na sede da ABE e entregaranse conxuntamente os da 1ª e 2ª quincena.

Próximos sorteo

A campaña denominada Quincenas Fantásticas segue en marcha ata o 31 de agosto e aínda está pendente sortear 500 € e 1 bici ao remate de cada unha das 2 quincenas restantes do verán (1 premio de 250, 1 premio de 150 e 1 premio de 100 euros + a bici) e un premio especial de 1.000 e para unha única persoa agraciada no que participarán todos os rexistros do verán Para participar os clientes deben realizar unha compra nun establecemento asociado a ABE e rexistrala en www.abe.gal.

A campaña está cofinanciada pola Xunta de Galicia.

Sorteos pendentes

Tíckets rexistrados do 1 ao 15 de agosto >> sorteo o 16 de agosto

Tíckets rexistrados do 16 ao 31 de agosto >> sorteo o 1 de setembro

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...