Novo número da edición impresa de Código Cero, a nosa revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

09 Agosto 2023

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, o 241, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución en todo o país, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á innovación galega que non cesa non verán. Tamén abordamos os seguintes temas:
– Pont-Up Store celebra o seu décimo aniversario con mancheas de innovación
– O CITIC impulsa unha tecnoloxía para loitar contra a contaminación lumínica
– Até 15 referentes web da nosa terra colaboran na 3ª edición da campaña #IgualdadeFollowers
– O 112 Galicia xestionou dende 2002 até 3,9 millóns de incidencias
– A Deputación de Lugo fará avanzar a transformación de medio cento de concellos
– Víctor Salgado achéganos un artigo de opinión sobre os dereitos de autor na IA
– A porcentaxe de fogares galegos con Internet volveu medrar en 2022 até chegar ao 92,7%
– A Xunta incrementará os servizos da plataforma de eAdministración xudicial
– A Tecnópole presenta a súa folla de ruta para os vindeiros anos
– O movemento maker espallarase no vindeiro curso polos barrios de Santiago
– Os sectores galegos da acuicultura e dos produtos do mar dan un chimpo transformador
– A UVigo avaliará os beneficios de achegar realidade virtual a pacientes con párkinson
– O CPETIG vaise de xira polos concellos galegos coa inicaitiva Girl STEAM
– CiTIUS, RAG e Política Lingüística traballan para afianzar a presenxa do galego nas TIC
– O CPEIG e AMTEGA organizan esta tempada obradoiros disruptivos nas Aulas CeMIT
– As empresas e as entidades galegas converten a innovación nunha constante
– Entrevistamos ao profesor Enrique Dans

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.