“Non sabemos quen…”. Xulio Xiz

02 Agosto 2023

Atribúese a Cabanillas a frase de “Gañamos, pero aínda non sabemos quen”, agora de actualidade para os que seguimos a política a través dos medios: O P.P. venceu cunha diferencia de 14 escaños sobre o seguinte clasificado, pero parece ter perdido por non gañar por goleada. O PSOE, con 14 menos que o PP, declárase gañador. E para complicar a situación, Sumar, cuarto clasificado, considérase forza gañadora por matrimoniar co segundo clasificado e formar un tandem que, se consegue outras difíciles alianzas, venza nesta segunda volta das operacións matemático-políticas.

A afirmación de Don Pío sería hoxe complicada, xa que por principio varias forzas decláranse incompatibles coa forza máis votada, e algunhas delas pretenden cobrar do segundo importes imposibles de conceder sen romper a baralla, falándose de indultos e referendos de independencia, chegando o sarcasmo á posibilidade de que o apoio que Sánchez pretende dependa do fugado Puigdemont.

Algúns dos que, coma min, no entenden de política e pretenden aplicar o sentidiño, coidan que, se entre o PP e Vox hai tanta diferencia como entre o Psoe e os independentistas, e moita máis ca entre o PP e o Psoe, o ideal e lóxico sería que o PP e o Psoe achegasen posturas, pactasen programas e conseguisen unha maioría representativa, estable, útil, que gobernase conscientemente, fixese os cambios precisos na Constitución na que os dous partidos cren e respectan e deixasen contenta á inmensa maioría do país. Pero os que opinamos que a xuntanza sería a perfección política, seica non nos decatamos de que a política parece rexirse por razóns que non responden ao sentidiño nin á razón.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.