Muros acolle este luns 28 a presentación de “O libro negro da lingua galega”, de Carlos Callón

28 Agosto 2023

A alcaldesa de Muros, María Lago, e a maxistrada Teresa Fernández Molinos encargaranse de presentar, o este 28 de agosto ás 20h, o volume O libro negro da lingua galega, da autoría do ribeirense Carlos Callón. O encontro está organizado pola Deputación da Coruña en colaboración co Concello de Muros, Edicións Xerais e A Mesa pola Normalización Lingüística. Desenvolverase na sala de exposicións da antiga Conserveira de Sel.

O libro negro da lingua galega é o primeiro volume que recolle e explica testemuños da represión lingüística en Galiza ao longo dos séculos, coa divulgación de moitos documentos pouco ou nada coñecidos: o repertorio de castigos escolares por falar en galego; as prohibicións para que os barcos, as persoas ou os negocios tivesen nome no noso idioma; as inspeccións e multas por falar galego ou mesmo por ter “exagerado acento gallego”; as queimas de libros, etc.

Desde a súa publicación, O libro negro da lingua galega está a contar cunha acollida excelente e máis de 3.000 persoas participaron xa nos actos de presentación. O autor considera que esta boa recepción se debe a que “o galego está hoxe nunha encrucillada para o seu futuro e unha parte significativa da sociedade non está disposta a que se continúen a cometer inxustizas contra o noso idioma natural”. “Para mudarmos o futuro é preciso coñecermos o pasado e neste libro explícase por que a nosa lingua propia está hoxe como está, non é algo natural a súa discriminación”, conclúe.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...